Skip to Content

Música

Vento

Mentres cantamos a seguinte canción, deslizar un pano lixeiro e longo polas zonas do corpo que se indican:

 

"Sopra o vento sobre a cara, sobre os brazos.

Sopra o vento sobre as orellas, sobre os pés."

Sons con papel

Escoller diferentes tipos de papel: de xornal, de seda, papel metálico (da cociña)... para estimular o sentido do tacto e do oído, así como a atención e a motricidade.

Enrugalo facendo unha bola (pode facelo o neno só ou axudado polo adulto) mentres cantamos unha canción: "pecha a bola e faise así, abre a bola e faise así"

Choiva

Escoller na rede sons de choiva para poñer de fondo.

Estimular, ao son da audición, coas xemas dos dedos dando pequenos toques suaves (como se fosen gotas de choiva) sobre a cabeza do neno.

Pódese continuar con distintas partes do corpo.

Sons con auga

Para esta actividade é necesario un vaso e varios recipientes de distintos tamaños e materiais (vidro, plástico, metal).

 

Imos botando vasos de auga, pouco a pouco, en cada recipiente, escoitando o son que produce ao caer directamente no recipiente e sobre distintas cantidades de auga.

 

A agua adoita ser un elemento relaxante, ademais, con esta actividade, traballamos a escoita, a atención e a espera.

Relaxación corporal por segmentos

Tumbar ao neno en posición supina (mirando ao teito) e coller a súa cabeza entre as mans.

Mentres cantamos a seguinte canción, mover a cabeza suavemente:

 

"Non non non, unha pelota non é, é a cabeza de [nome do neno] é".

 

Un chisco de terapia musical

Aquí vos deixo unha pequena mostra das audicións que empregamos na aula de música e que poden ser útiles mentres realizamos distintas actividades ao longo do día.

Dependendo do efecto que busquemos, podemos poñer unha ou outra a un volume non moi alto que nos acompañe sen molestar e desfrutar da súa escoita (non son vídeos para visualizar)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut