Skip to Content

Aula 4

PRAXES BUCOFONATORIAS

Bos días familias, para estes días achego unha presentación variada de praxes que podedes facer cos vosos nenos e nenas aproveitando a rutina do baño.E interesante ter o espello a man, e facelo tamén con eles para que lles resulte mais divertido. Espero que disfrutedes moito.

Unha aperta.

CARAPUCHIÑA VERMELLA

Ola bo día!! Como os alumnos e alumnas da Aula 4 temos por costume contar sempre un par de contos nas nosas sesións, e debido a estas circustancias, non podemos facelo, neste enlace podedes visualizar o conto de "Carapuchiña Vermella".

Pódese escoitar en galego e tedes a axuda duns pictogramas para que todo sexa máis divertido!!. Unha aperta para todos e todas

https://www.pictocuentos.com/caperucita-roja/4

"EXPRESO O QUE QUERO"

Como todos e todas imos estar un bo tempo na nosa casa, neste enlace déixovos unha axuda para que poidades expresarvos e citar, en cada momento, o obxecto da vosa vida cotiá que queredes do voso fogar.

Recordando sempre, que expresamos a emoción da alegría ao pedir calquera destes obxectos.

O DIA DA SEMANA

Como tamén temos costume de recoñecer e nomear o día da semana, tedes neste enlace unha axuda cuns pictogramas para poder traballar este contido dende a vosa casa. Unha aperta a todos e todas.

O TEMPO DE CADA DIA

Hola a todos e todas. Por non poder asisitir a clase non quere dicir que non podamos seguir traballando!!. Os alumnos e alumnas da Aula 4, como temos a rutina de nomear e recoñecer o tempo de cada dia da semana, déixovos neste documento uns pictogramas para poder continuar con este traballo na vosa casa. Unha aperta para todos e todas.

Distribuir contido


by Dr. Radut