Skip to Content

Audición e Linguaxe

CONVERSAS EPISÓDICAS

Achego pdf modelo para traballar as conversas episódicas, similar as historias sociais pero mais estruturada.Debemos adaptar a cada alumnx dependendo do nivel de acceso ao significado: obxecto real, foto, imaxe pictográfica ou linguaxe escrita.Na plantilla estruturamos o ONDE, CANDO, CON QUEN E QUE fixemos.Así podemos falar, comentar, como se sentiu e se chega o caso predecir o que vai pasar cando se volva a producir esa actividade. Tamén valería para facer unha anticipación completa, adaptando igualmente ao nivel de acceso ao significado.Espero vos sexa de utilidade.

COMPARTINDO MARZO

Achegamos a entrada mensual de "compartindo" con novidades en formación, lectura e masterclass. Esperamos vos sexan de utilidade.

COUSAS DE EQUIPO

Achego pdf modelo que creei para o equipo que acompaña ao alumno/a X. No propio docu (diario de equipo:familia/escola/terapias) explico como podemos xestionalo e así poder ofrecerlle un acompañamento o máis significativo posible.

Día da Paz na aula de Audición e Linguaxe.

Bos días familias. 

Aquí vos deixo o traballo que estivemos a facer co alumnado da aula de Audición e Linguaxe 1 sobre o día da paz. 

COMPARTINDO XANEIRO

Achegamos nova entrada do bloque "COMPARTINDO" para este mes de xaneiro.

PREPARÁNDONOS PARA A LECTOESCRITURA

Achego modelo feito para observar as habilidades prelectoras que pode servir de guía como avaliación inicial no alumnado. Considerando que o fin último da nosa intervención como AL é a alfabetización dos nenos e nenas, independentemente da súa idade e da súa condición.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut