Ola familia!!! son a profe Rosa de Reli e agardo que sigades ben . Como estes días raros que nos tocou vivir se van alargar, propóñovos unha actividade "O noso granciño de area", para axudar contaxiando alegría e ánimo, aos que máis o precisan, eses guerreiros que se atopan loitando contra o coronavirus nos hospitais.
A actividade é sinxela, facede un debuxo, unha carta ou unha carta con debuxo ( o que queirades) . Se podedes sácadelle unha foto e enviádea a seguinte dirección: contagiatualegría.cunqueiro@gmail.com