No ximnasio estamos a estrear unha nova pista para xogar. Pintamos as liñas con cinta adhesiva e colocamos unha rede no medio. Así, podemos xogar co disco voador (frisbee) ou coas raquetas, por exemplo. Algúns pensaron que era un tipo de portería, pero pouco a pouco foron descubrindo en que consisten os xogos de intercambio. Na Educación Física sempre e bó ampliar experiencias! Parabéns a todos/as polo esforzo e a ilusión posta :)
Algúns exemplos das actividades que fai o noso alumnado do nivel 2 (aulas 1, 2, 3, 4 e 9) no ximnasio: xogo exploratorio e sensorial, baile ou tarefas co material específico da EF.
Os rapaces da aula 2 comezan o curso fixando as rutinas de EF e facendo exercicio co seu material favorito: as cordas, as pelotas e as pezas de psicomotricidade.
Ambientamos as sesións con música de fondo e deixamos tempo ao final para xogo libre.