Hoxe 13 de febreiro, aparte de ser martes de entroido, celébrase o día mundial da radio, ese pequeno aparato que hai cada vez en menos casas.
Por elo, publicamos a primeira entrevista realizada por Radio Velle a Manuel Penín na súa recente visita ao centro. Esperamos que vos guste e atentos a próximas publicacións.
Este ano a festa de Entroido adicámola ao AMOR. O tema está moi relacionado cun poema dos que traballamos na liña temática deste curso. Cada aula, cos distintos especialistas escolleu unha cor e todos e todas fomos disfrazados de corazóns. Ahhhh e tamén apareceron unhas CUPIDAS...fermosas e cheas de amor para axudar e compartir esta bonita festa que celebramos no auditorio o pasado venres día 9 de febreiro. Agardamos que vos guste o vídeo resumo da festa.