AULA 6. RESUMO DO PRIMEIRO TRIMESTRE. CURSO 2021-2022
Durante un trimestre lévanse a cabo moitas actividades dentro e fóra dunha aula: compártense momentos cos compañeiros, xestiónanse moitas emocións, apréndense novos contidos, particípase en distintas rutinas que son beneficiosas,descúbrense novas formas de comunicación, introdúcense tarefas que no día a día dan calma, disfrútase das festas, da música, do silencio... e así un montón de cousiñas que vivimos na aula 6 durante o primeiro trimestre e plasmamos neste vídeo resumo.