Skip to Content

TALLER O MAR NO CAMIÑO

Hoxe pola mañá, sobre as 11:00 tivemos no cole un taller que leva por título: O MAR NO CAMIÑO. É un proxecto que forma parte do programa, O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia e ter por obxecto difundir a cultura mariñeira.

A contacontos narrou o conto das aventuras de Migueliña, a vieira, Laura a xarda, Antón o cangrexo e Roberto o polbo no seu camiño a Santiago de Compostela.

 

Ó rematar algúns alumnos e alumnos foron a biblioteca para continuar a actividade e desenvolver outro taller complementario de origami, no que realizaron uns peixes ben fermosos.

Foi unha mañá moi entretida e divertida.  



blog | by Dr. Radut