QUENTIÑOS NA...CASA CON FRIO... NA RÚA (semana 01/02- 05/02)
Ola nenos, nenas e familias! Como o prometido é débeda, aquí estamos outra vez máis para facervos a todos e todas a semana máis amena.
*Antes de facer as actividades é importante que lle votedes un vistazo a guía para pais e nais.
Como ben recordaredes, a semana pasada nas aulas 5 e 6 traballamos o inverno. Pois esta semana vamos a seguir con algo similar pero a vez diferente, e por iso traballaremos o frío e a calor a través do sentido do tacto, gusto, olfato e vista.
Vamos logo alá coas actividades que vos vamos propor!!!
- Sentido do TACTO.
No primeiro vídeo, ides ver como ao través do tacto podemos sentir o frío interacturando con obxetos e elementos (xeo,auga,bolsiñas de frío...) e o calor(auga,radiador,bolsiñas de calor...).
No segundo vídeo, ides a pasar un rato entretido xogando ca xelatina.
Ollo!!! Lembrade lavar as mans antes, que aquí houbo quen esqueceu as medidas de hixiene.
- Sentido do GUSTO e Olfato.
A segunda actividade está relacionada co sentido do gusto e olfato e para iso teremos que saborear e cheirar alimentos. (PDF adxunto).
- Sentido da VISTA.
E por último, deixámosvos un power point para traballar de maneira visual os alimentos.
https://drive.google.com/file/d/1DiopAhyJ2uMapFPpwtM7URYF69YBJ0Ly/view?usp=sharing
Adxunto | Tamaño |
---|---|
GUÍA para MAMIS E PAPIS.pdf | 71.1 KB |
ACTIVIDADE FRIO - QUENTE- probar e cheirar alimentos.pdf | 402.33 KB |