ANAQUIÑOS DE INVERNO (semana 25/01-29/01)
Ola! nenos/as das aulas 5 e 6 e familias.
Primeiro mandar, de xeito virtual, unha agarimosa aperta para todos vós.
As profes das aulas 5 e 6 e as especialistas de AL e Multisensorial, elaboramos unhas actividades moi sinxelas, doadas e divertidas.
Comezamos coa visualización dalgúns videos que vos axudan, un pouquiño e sentir máis sosego.
Mandalas
Estimulación audio-visual
Seguemos a liña temática do centro e nestos días de cuarentena na casa repasaremos o contido do INVERNO.
Actividade 1. Boneco de neve.
Preparade as vosas mans para facer un boneco de neve.
Para iso precisamos auga fría (da neveira) e algodón dun cueiro.
Vamos lembrar que divertido é o frío facendo bolas de neve e un boneco ao calorciño da casa!
Xa que non podemos ir a neve, pois traémola a casa.
Nota: tedes o vídeo "neve caseira" máis abaixo.
Actividade 2. Sons do inverno.
Abride moi ben as orellas porque tedes que escoitar algúns sons de inverno.
https://drive.google.com/file/d/1KOEuk3CCW6Jy-Plif4hLyV4i_PWatZd8/view?usp=sharing
Actividade 3. Masaxe- estimulación térmica.
Por último, imos sentir o inverno na nosa pel.
Agora a gozar!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
neve caseira.avi | 12.94 MB |