Skip to Content

PRIMEIRA CARREIRA DO DÍA DA DISCAPACIDADE: SUPERANDO OBSTÁCULOS.



Os días 10 e 11 de decembro, con algo de atraso dadas as circunstancias que vivimos, celebramos o Día Internacional das persoas con Discapacidade coa organización dunha actividade que chamamos: SUPERANDO OBSTÁCULOS.

O alumnado baixou ao auditorio en 5 quendas acompañado polos mestres titores e especialistas.

Tanto o alumnado como o profesorado elaborou un dorsal para poder participar no circuito.Os dorsais do alumnado ademais do número correspondente tiñan unha fortaleza  propia do seu portador e os dorsais do profesorado reflexaban unha debilidade.

No circuito apareceron probas de distinto nivel de dificultade pero o que si aseguramos é que todos e todas o pasaron de marabilla!!!



blog | by Dr. Radut