Skip to Content

HOXE: XOGUETES

Bos días !

Hoxe utilizaremos os xoguetes que temos na casa. Escollemos dous que se poñan en funcionamento con só pulsar e produzan algún son e que adoitan ter,  ademais, efectos visuais.

Colocamos ao neno sentado correctamente en posición cómoda. Imos mostrando un a un os xoguetes de tal maneira que non poida alcanzalos coas mans e accionámolos varias veces. Achegamos o xoguete ao neno para instarlle a que o colla e deixámoslle libremente que o explore. Se non o acciona de maneira autónoma axudámoslle.

Para traballar o seguimento auditivo, empezamos a movernos por toda a sala á vez que accionamos un xoguete determinado. Repetimos a actividade cos dous xoguetes.

 

Para traballar a localización  auditiva, colocaremos o xoguete nun oído, logo no outro e, finalmente, na liña media. Repetir varias veces a actividade.



blog | by Dr. Radut