SAIMOS Á RÚA
Ola nenos/as e familias da aula 6!!
Saimos unha hora á rúa!
Toca SOL e vivenciar novas sensacións.
Espazos abertos (balcón, azotea, patio)
-Meter dentro dun recipiente con auga diversos elementos con formas e texturas diferentes : noces, mazás pequenas, pelotas,botellas de plástico, etc e logo intentar coller coas mans algún dos obxectos.
- Xogo “terra nas mans” : desfrutar coa textura da terra, área e pedras pequenas de río é unha actividade moi lúdica cando chega o bo tempo.
- “Cheiro primavera”: cheirar e tocar herbas aromáticas: romeu, perexíl, menta, tomiño, follas de loureiro,limoeiro e/ou laranxo, rosas, xeranio, xasmín, carabel.
Recordade que é importante
Non forzar á súa resposta se non quere facer as actividades.