Skip to Content

A comunicación bimodal no CEE Miño

O uso dos SAAC no CEE Miño é unha realidade e forma parte da rutina diaria, tanto no centro como nas familias, xa que nos permiten aumentar a capacidade de comunicación e aprendizaxe do noso alumnado.

A comunicación bimodal combina o uso da lingua oral apoiado con signos manuais, o que supón un complemento para a  visualización das palabras.

No noso centro, xa vimos de empregar os pictogramas como SAAC de uso xeralizado, polo que a comunicación bimodal, supón un recurso máis para facilitar esta aprendizaxe.

 

Para a elaboración dun material axeitado á forma de traballar do centro, e que nos permita combinar o traballo que xa viñamos facendo cos pictogramas, cun novo SAAC,  combinamos:

lingua oral + lingua de signos + pictogramas

 

Así, creamos un banco de vocabulario, tanto en vídeo como en imaxes, e agrupado por áreas que podedes ver nos apartados correspondentes do proxecto.

 



blog | by Dr. Radut