Benvidos de novo
Sen esta crise que estamos a vivir, hoxe volveriamos ao cole despois do parón de semana santa.
Con todo, neste curso estraño e complicado tócanos quedarnos nas nosas casas.
Aínda así, todos os profes do cole estamos pendente de vós e dos vosos fillos.
Seguimos traballando dende os nosos fogares e actualizando a web do cole, que esperamos que vos sexa útil dalgunha maneira, e estamos á vosa disposición tanto por teléfono como no correo electrónico do centro.
Tamén estamos pendentes das novidades que as autoridades sanitarias e educativas vaian dando para poder informarvos.
Un saúdo