Skip to Content

EXPERIMENTOS PARA OS DÍAS DE COLE A DISTANCIA

Ola familias, ola rapaces e rapazas, que tal seguides?

Como xa fostes vendo, ata agora neste apartado foron aparecendo resumos de moitas actividades que fomos facendo na aula, penso que unha maneira de manternos unidos é recordando as nosas rutinas, os nosos compañeiros e compañeiras e aquelas actividades que faciamos fai só uns días todos xuntos e das que tando disfrutamos.

Sei que uns estades investigando,hai quen está disfrutando máis da naturaleza, tamén quen está aproveitando para xogar cos seus xogos da tablet ou quen xoga coas súas mascotas...as circunstancias non son iguais para todos...

E sabedes que é o máis importante? Que estamos  coas nosas familias e polo momento todos estamos ben!!!

Como vedes...polo título desta entrada...esto vai de experimentos entón gustaríame animarvos a probar e facer algún nas vosas casas estos días en compañía das vosas familias.

Adxúntanse tres arquivos pdf. 

Son dous libros e un terceiro documento onde aparecen os enlaces aos vídeos de todos os experimentos.

Os autores, estudiantes de Educación Primaria da Universidade de Salamanca, fixeron un gran traballo e como o compartiron hai que aproveitalo!!!Moitas gracias e espero que os disfrutedes!!!

Veñaaa a experimentar un montón!!!

 

 

AdxuntoTamaño
Experimentos para los días de cole a distancia LIBRO 1 .pdf.pdf15.67 MB
Experimentos para los días de cole a distancia LIBRO 2 .pdf17.97 MB
Experimentos para los días de cole a distancia ListaYoutube.pdf29.73 KB


blog | by Dr. Radut