AXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN DIRECTA. CORONAVIRUS: COVID-19
COMEZO DO PAGO DAS AXUDAS (clic aquí)
A que persoas vai dirixido?
A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas as familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio.
En que consiste a axuda?
As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días de lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.
Que axuda se vai a percibir?
(2,50 €) no casos de alumnado gratuidade total
Que días cubre esta axuda?
Marzo: dende o día 16 ata o 31 de marzo: en total só 11 días lectivos.
Abril: dende o 1 ó 3 de abril: en total só 3 días.
Prórroga: si se prolonga outros 15 días cubriría (días lectivos) ata o 1 de maio (non incluído por ser festivo)
Como se vai a pagar?
En dous pagamentos.
1 pagamento: polo período de marzo e o de abril ata semana santa (3 abril).
2 pagamento: si se prorroga unha terceira situación de alarma ata o 1 de maio.
Como presentar a solicitude e que prazo hai?
Prazo: dende o día 31 de marzo o 6 de abril, ambos inclusive.
Presentación: Forma electrónica sempre, de dúas formas:
1. Formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Para elo é necesario ter certificado dixital, ou a chave 365.2.
Dirección do centro: para elo, chamaremos ás familias para solicitar os seguintes datos:
DNI do pai ou nai
Nome do alumno/a
Nome do pai/nai
Número de conta bancaria
Canto tempo tarda en resolverse a resolución?
10 días, desde que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
Canto tempo tarda a Xunta de Galicia en aboar o pagamento?
5 días dende a resolución.