POÑEMOS A XERMINAR AGUACATES
Aqui temos a última actividade que fixemos na aula!!!
Estivemos falando do aguacate xa que é unha froita moi nutritiva e beneficiosa para a nosa saúde e como pronto se achegaba a primavera decidimos poñer uns ósos a xerminar.
Un día tamén viñeron os compañeiros da aula 1 axudarnos e preparamos todo para levar a cabo o proceso.
Unha vez que puxemos os ósos nos tarros de cristal sacámolos ao invernadoiro que hai no xardín do noso corredoiro e alí os temos para ver que pasará...