Skip to Content

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Ainda que o 24 de febreiro, que é a data na que se celebra o Día de  Rosalía de Castro, estabamos de vacacións de entroido, á volta non deixamos pasar esta data, na que se conmemora a vida e obra dunha muller galega tan importante como é Rosalía de Castro.

Unha das actividades  que fixemos foi decorar unha rosa para logo crear un panel todas as aulas na biblioteca.

Na aula 2 utilizamos a técnica dos crebacabezas e aquí unhas fotos de distintos momentos da elaboración: María perfilando co rotulador negro e Martín, Sofía e Marta repartindo brillantina e purpurina ao gusto.

Quedáronlles moi bonitas!!!

 

 

 

No apartado de actividades en  DINAMIZACIÓNS podedes ver a explicación de toda a actividade que se desenvolveu na biblioteca.  

 



story | by Dr. Radut