Skip to Content

MOMENTO SAÚDO, CANCIÓNS PARA TODOS OS DÍAS

 

 

 

Boas familia, imos intentar facer a distancia un pouco máis pequena a través das novas tecnoloxías. Todo o profesorado subiremos á web diferentes actividades e rutinas para que podades facer cos vosos fillos e fillas, na medida do posible, e sempre dentro da vosa rutina.

 

 

 

A aula 8 sempre comeza o día co momento saúdo onde cantamos diversas cancións ca axuda dun boneco/marioneta (podedes utilizar calquera que teñades por casa). Neste momento traballamos a imitación de movementos corporais e a imitación vocálica; ademais de traballar a atención e a interacción e de disfrutar dun momento divertido.

 

 

 

Déixovos unha presentación cos diferentes pictogramas das cancións que utilizamos na aula, se cliqueades no picto saltará o enlace a canción no youtube.

 

 

 

Esta actividade pódese facer en diversos momentos do día e tamén en diferentes situacións como na hora da merenda, da comida, dun momento de xogos no chan… e non é indispensable ter un ordenador ou tablet para escoitar a canción, podémola cantar nós e así poñer en práctica as nosas grandes dotes de cantantes ;)

E como os gustos  musicais son infinitos, non vos quededes soamente coas 4 cancións de sempre, probade novos ritmos, novas cancións, aumentando así o abanico de posibilidades e de intereses; déixovos tamén no arquivo adxunto outras ideas a explorar…

AdxuntoTamaño
MOMENTO SAÚDO.ppt1.12 MB


blog | by Dr. Radut