Actividades e rutinas (aula 5 e 6) para facer dende casa
Queridas familias:
O primeiro que queremos e mandarvos unha forte aperta e expresar o noso desexo de que os nosos nenos e nenas estén o mellor posible.
Non nos esquecemos deles e seguimos en coordinación titoras e especialistas pensando actividades e rutinas que vos poidan vir ben para facer na casa.
Aquí vos comparto un documento elaborado polas titoras das aulas 5 e 6 en coordinación ca mestra de audición e linguaxe.
Neste documento atoparedes:
- Cancións e rutinas que facemos no cole (por exemplo a canción dos "bos días" ou a canción do "inverno").
- Imaxes que vos poden vir ben para amosar aos nenos que non poden vir ao cole ou saír da casa.
- Enlace a exercicios de fisioterapia que poden facer os nenos dende casa.
- Material audiovisual para estimular vista e oído.
- Ideas para traballar os sentidos (con auga, fariña,...).
- Ideas para elaborar materiais multisensoriais, como por exemplo botellas sensoriais.
- Xogos interactivos de causa efecto, e ideas para traballar este aspecto dende casa con xoguetes.
- Plataformas educativas de interese.
Aquí estamos e seguiremos!
Unha grande aperta dende o cole virtual e recordade:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
cuarentena aula 5 e 6 final..pdf | 1.82 MB |