SOBRE O TRABALLO PARA ESTES DIAS DENDE CASA
O primeiro enviarvos un agarimoso saudo nestes días extraordinarios, espero que tanto nenos coma maiores estedes ben na casa. Quixera darvos unha mensaxe de ánimo e tranquilidade, todo vai sair ben, a situación na que nos atopamos e excepcional e pode crear ansiedade e desconcerto pero a prioridade é protexer a saude dos nosos seres queridos e da sociedade.
Como ben sabedes, é importante nestes dias de illamento manter unhas rutinas diarias e permancer activos física e mentalmente. Dende o colexio enviaremos tarefas e pautas para manter o proceso educativo dos vosos fillos. Ó longo deste tempo engadiremos actividades e recursos educativos para que traballedes, na medida do posible, cos nenos en casa. Quixera facer fincapé na importancia do traballo físico e os cambios posturais. O noso departamento de fisioterapia engadirá pautas e actividades para facer cos nenos en casa. Se é posible que tomen un pouco o sol cada día.
Para rematar, enviar un saudo especial a eses papás e mamás que están a traballar fora de casa polo ben de todos, ánimo e coidarvos moito.