Skip to Content

CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

O pasado xoves celebramos na biblioteca do cole, acompañados dos nosos amiguiños Perico e Piruleta, o Día de Rosalía de Castro. O día que se conmemora é o 24 de febreiro pero como este ano coincidiu coas vacacións de Entroido tivemos que pospoñer uns días o acto.

Desde as 12:10 da mañá e en 5 grupos diferentes o alumnado, acompañado dos seus profes e coidadores, baixou a biblioteca para levar a cabo as actividades.

Primeiro, para disfrutar do recitado do poema de Rosalía: LUGAR MÁIS FERMOSO NON HOUBO NA TERRA de CANTARES GALEGOS que fixo SOFÍA e a continuación para elaborar o mural colectivo da rosa.

No mural colectivo, cada alumna e alumno trouxo unha rosa, que previamente decorou con cores e texturas diversas para colocala no lugar que prefiriu. O resultado final foi espectacular...unha ROSA CHEA DE ROSAS.

 



blog | by Dr. Radut