Un ano máis, coa mesma ledicia que anos anteriores, a chegada do Nadal supón decorar o colexio con distintos motivos navideñose e tamén ver a personaxes moi queridos polos nosos rapaces e rapazas como o famoso Papá Noel que colocamos na entrada e lle encanta cantar...
Fixemos un gran nacemento coas principais figuras feitas en cartón e aproveitamos para colocar casas e outros adornos coñecidos polo alumnado para que así lles resultara máis significativo.
Por outra banda, na última semana cada aula encargouse de preparar e decorar distintos motivos para a Gran Árbore de Nadal do CEE Miño. Nela tamén colocamos as felicitacións que cada neno e nena fixo para a súa familia e deste xeito convertéuse no marco perfecto para deseñar a postal do centro e a postal que se enviou ao alumnado.
Na presentación podedes ver as postais do alumnado.
O día 18 pola tarde chegou Papá Noel polos corredores do noso centro. Entrou montado no seu trineo, entonando o mítico HO HO HOOOOOO e acompañado dunha paxe moi especial!!!!
Viñan cargados de moitos agasallos que repartiron a todo o alumnado.
Entre caras de abraio, ledicia, emoción, estusiasmo, sorpresa, tod@s disfrutamos da súa presencia e bailamos e cantamos ao ritmo de panxoliñas de Nadal.
Foi unha tarde marabillosa na que a maxia do Nadal envolveu ao noso cole así que, mil gracias a ANPA que tanto se implicou e o fixo posible!
E xa o venres día 19, despois do recreo, xuntámonos todos no ximnasio para escenificar, cantar e bailar a canción que estivemos preparando nas últimas semanas: A CANCIÓN DE SABELA.
A organización foi de forma simultanea e por niveis.
O primeiro nivel encargouse da parte sonora, creando instrumentos con materiais de refugallo e facendos soar.
O segundo nivel coloreou e deulles vida as láminas ilustrativas da canción e o cuarto nivel encargouse da coreografía...
Cada nivel encargouse de decorar e plasmar nun panel a parte correspondente do conto e canción que lle tocou. Éstes agora estarán expostos na Praza das Pombas.
Aquí vos deixamos unha pequena montaxe con fotos e vídeos de como foi todo.