Skip to Content

A MÚSICA NO CEE MIÑO

Este curso dentro da liña temática "PERICO E AS CORES" traballouse a través da música, fomentando a participación do alumnado e profesorado do centro. Deste xeito, promovéronse e organizáronse diferentes actividades conxuntas: lectura de poemas, gravación dos mesmos e de cancións, co obxectivo de mellorar a competencia lingüística do alumnado , facelo partícipe de todas as actividades e concienciar do valor que ten o traballo en equipo.

Mostra disto son:

1. NO INVERNO ROUPA NOVA PARA PERICO.

 

2. ADAPTACIÓN MUSICAL, CANTADA E LIDA DE "O BRANCO NON PINTA".

 

3. PANXOLIÑA DE NADAL: NADAL NO CAMIÑO.

4. ADAPTACIÓN MUSICAL, CANTADA E LIDA DUN POEMA INCLUIDO NO LIBRO "NOBELO DE LUZ" DE CHARO GOLMAR (AGOCHADAS). Proximamente se subirá na web, agora mesmo está en proceso de mezcla e mastering).

 

5. ADAPTACIÓN MUSICAL CANTADA (COLABORACIÓNS EXTERNAS, CON GRANDES SORPRESAS) E LIDA (POLO ALUMNADO DO NOSO CENTRO) DE NEGRA SOMBRA DE ROSALÍA DE CASTRO E XOÁN MONTES. Próximamente se subirá na web xa que está en proceso de arranxos musicais)



blog | by Dr. Radut