DÍA DA PRIMAVERA,POESÍA,AUGA E ÁRBORE
A semana pasada estivemos preparando que chegaba a primavera e tamén outras celebracións concentradas no día 21 de marzo.
Decoráronse dous collagues de cadros de Picasso que é o pintor que estamos traballando neste trimestre: Planta de tomate e Paisaxe con árbore.
Para completar a actividade e coa axuda do PFB, cada aula plantou unha tomateira e encargarase de coidala para que medre e logo trasplantala ao horto.
Foi o alumnado do Programa o que se encargou de ler uns versoscomo inicio de actividades realizadas para conmemorar o Día da Poesía, queda por facer ainda outra actividade que xa vos contaremos.