Skip to Content

BAIXO O MESMO PARAUGAS. CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

O pasado venres, día 2 de  decembro adiantámonos un pouco para conmemorar no centro o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Contamos coa colaboración da profe Vane, que estivo o curso pasado no cole, para facer a presentación e levar o fío condutor da sesión que se levou a cabo no auditorio do cole despois do recreo e durou ata a hora de comer.

Cada aula decorou e preparou 2 pezas: unha parte dun crebacabezas con forma de paraugas e o brazo dun alumno/a cunha palabra alusiva as potencialidades das persoas. Foise saíndo por quendas para pegar as partes e o resultado quedou moi bonito e así deste xeito recordamos o lema que dende fai uns anos temos presente neste día que é: "Todos baixo o mesmo paraugas".

Yerai, un alumno do Programa Formativo Básico, quixo compartir con tod@s un rap que lle gusta moito.

Tamén tivemos música e baile para rematar.

 



blog | by Dr. Radut