EXCURSIÓN FIN DE CURSO: TRAMO DO CAMIÑO DE SANTIAGO
O día 9 de xuño fómonos de excursión!!!
Despois duns aniños sin facer excursión de fin de curso pois desta volta tocou retomar unha das mellores costumes e que máis lle gusta ao alumnado e profesorado.
Tendo en conta que durante o curso estivemos traballando no Proxecto de "Perico fai o Camiño de Santiago" que mellor que botarse ao camiño e converterse en auténticos peregrinos e peregrinas...
Foi unha pasada!!!
Saimos do cole en buses dirección a Tamallancos onde alí nos deixou no hito que marca o km 96,666 e puxémonos a andar e a vivir o momento...con máis ou menos esforzo fomos quen de conseguir o noso obxectivo e chegar ao campo da festa de Bouzas onde descansamos e repuxemos forzas coas nosas merendas. Despois dun tempo de xogo e desfrute puxémonos de novo a camiñar para chegar ao punto de partida onde estaban os buses esperándonos.
A volta foi moi animada, aínda que cansados non deixamos de cantar todo o camiño.