Skip to Content

CELEBRACIÓN DOS MAIOS

 

Cando chega este mes no cole poñémonos a pensar nos maios. Esta festa anuncia o esplendor das flores e a despedida do cru inverno. Celébrase desde tempos moi remotos en distintos lugares de Galicia, aínda que en Ourense ten un carácter máis destacado e singular.

Este curso, relacionando coa liña temática que estamos traballando que é O Camiño de Santiago, puxémonos mans á obra para facer un hito.

Como en cursos pasados a estructura ou base colocámola nun carriño e foi pasando polas distintas aulas para que cada titoría aportara o seu traballo. Previamente, algún alumnado acompañado polos mestres saiu aos arredores para recoller flores, paus, musgo e distintos materiais para a elaboración do noso maio do hito.

Agardamos que vos guste o resultado!!!

Despois de estar escoitando música tradicional no recreo a festa continuou cando sairon ao ó patio o maio e Perico. Cada aula leu a compla dos compañeir@s da aula do lado e o profe Juanjo tocou, coa colaboración do alumnado do PFB, que leu e cantou "Aí ven o maio" de Florencio Delgado. 

Para rematar a festa fixemos un tren e fomos cantando e bailando ao son de distintas cancións tradicionais...unha delicia de momentos compartidos!

Ollade o explicado no vídeo resumo.

 

 

 



blog | by Dr. Radut