Skip to Content

Blogues

Comezamos o segundo trimestre!!!

Despois das vacacións de nadal e coas pilas xa recargadas, hoxe viñemos moi contentos a clase de novo!

Faltounos Branyeli que a botamos moito de menos!

Querido Adri

A Primeira publicación deste ano quería adicarlla a Adri. Inda non creo que xa non estés con nos.

Nunca fun a tua titora, pero decatábame do especial que eras. Nos talleres sempre estabas atento a todo. Observando cunha gran curiosidade. E sempre cun gran sonrriso.

Quédome co ben que o pasaches o último día de cole, no festival de Nadal. Que ben o pasamos bailando e rindo!

Sempre Adri.

ATA SEMPRE ADRI

Hoxe cumplirías 16 anos Adri, pero durante estas vacacións de nadal tivemos a triste nova do teu falecemento. Conmocionados aínda, quixemos facer unha pequena homenaxe e recordo do teu paso polo cole.

Aproveitamos tamén para mandar todos os ánimos posibles a túa familia, que pode contar con nós sempre que queira e aos teus amigos e mestras.

FESTA NADAL 2023

Bo Nadal familias¡¡

Esperando que estedes disfrutando dunhas merecidas vacacións, deixámosvos un video da festa que fixemos o último día no cole para festexar o trimestre e o nadal. 

Disdrutade, descansade e vémonos o ano que vén¡¡¡

FELICITACIÓN DE NADAL DA ANPA

SOMOS POMPAS DE XABÓN E BRILLAMOS NO TEU CORAZÓN.

 Grazas a todo o persoal do CEE Miño pola súa participación e colaboración.

VISITA DE PAPÁ NOEL

Javi López, xogador de baloncesto do COB Ourense foi quen de contactar e traer a Papá Noel ao cole para escoitar as peticións do alumnado, traer unha chea de agasallos e sobre todo manter a ilusión dos nosos rapaces e rapazas.

Mil grazas pola colaboración.

Distribuir contido


by Dr. Radut