Skip to Content

Blogues

#XIRANDO XUNTOS

Este é o resultado final da actividade colaborativa que levamos a cabo polo Día Internacional das persoas con Diversidade Funcional.

#XIRANDOXUNTOS

Moitas grazas a tódolos centros que nos fixestes chegar a vosa aportación, así é un gusto traballar!

PISTA DE XEO

 

O pasado día 12 un grupiño de alumnado acompañado polos coidadores, fisioterapeutas e mestres acudiu á pista de xeo instalada no Centro Comercial Pontevella pasar unha mañá do máis entretida...chea de caídas siii...pero...o triple de risas!!!!

 

VAIA RITMO.

 

Primeira saída ao auditorio para gozar de VAIA RITMO de ODAIKO PERCUSSION GROUP.

Neste concerto o grupo fai uso da improvisación e imaxinación para espertar o inxenio, empregando distintos elementos de percusión e chegar a melodías cheas de ritmo.

Finalizando o primeiro trimestre

Ola familias! Hoxe despedinomos por aquí momentaneamente. Rematou o primeiro trimestre!

Que rápido se nos pasou.

Aproveito para desexarvos unhas felices vacacións de Nadal e un próspero ano novo.

Vémonos en Xaneiro!!!

Obradoiro:Explorando cos sentidos

Distribuir contido


by Dr. Radut