Skip to Content

Blogues

O pulsador como ferramenta de aula

Os pulsadores son unha ferramenta fantástica tamèn para traballar a relación causa»efecto, è dicir, para que os alumnos comprendan que os seus actos poden producir cambios no entorno. 

 

Isto que parece tan básico para algúns de nós, é algo que ten que ser traballado e aprendido para outros. Será o primeiro paso para que algúns nenos queiran comunicarse e neso estamos.

 

SAÍDA AUDITORIO: A NENA E O GRILO MÁIS ALÓ

O pasado luns 16 de decembro, varios alumnos e alumnas do noso cole foron ao auditorio.
Nesta ocasión foron  ver a representación da obra " A NENA E O GRILO, MÁIS ALÓ" de Magin Blanco.

A LOITA POLO CAPD

Desde hai 4 anos esta ANPA está loitando por un centro residencial para os seus fillos e fillas unha vez que cumplen os 21 anos de idade.

En toda Galicia existen os CAPD (Centros de Atención a Persoas con Discapacidade)excepto en Ourense polo que esta ANPA decidiu iniciar unha loita que continua a día de hoxe.

ACTIVIDADES

A ANPA ten contratada coa asociación xuvenil "Amencer" unha actividade para os seus fillos e fillas tódalas semanas.

Estes dous últimos anos, tamén se encarga de facer uns calendarios con fotos do alumnado e persoal do colexio para recaudar fondos para a ANPA. Sempre se fai ao principio de curso para entregar no Nadal e cada ano a temática  é diferente. 

XUNTA DIRECTIVA

PRESIDENTA Eva Gutierrez
VICEPRESIDENTA Yolanda Fernández
SECRETARIA Mª Soledad Ferrero 
TESOREIRA

CONTACONTOS LIBRI TERRAE

O Luns 2 de decembro viñeron o cole unhas monitoras do concello cargadas de moita ilusión para contarnos un conto titulado "Libre terrae".

 

A verdade é que foi moi orixinal xa que os protagonistas foron os libros;é decir, os personaxes eran 14 libros con características moi divertidas.

Distribuir contido