ACTIVIDADES
A ANPA ten contratada coa asociación xuvenil "Amencer" unha actividade para os seus fillos e fillas tódalas semanas.
Estes dous últimos anos, tamén se encarga de facer uns calendarios con fotos do alumnado e persoal do colexio para recaudar fondos para a ANPA. Sempre se fai ao principio de curso para entregar no Nadal e cada ano a temática é diferente.
Sortean unha Cesta de Nadal coa finalidade de obter financiación coa que agasallar cousiñas para os seus fillos e fillas.
No Nadal algún ou algunha representante disfrázase de Papá Noel para entregarlle a cada neno ou nena un pequeno agasallo.
Participan en tódalas actividades que o centro organiza como Samaín, Magosto, Nadal...
Desde hai dous cursos, colabora coa Xunta na organización dunha actividade de verán dirixida e financiada para o alumnado do centro.