Skip to Content

Blogues

IMOS O MERCADO

Ola bo dia a todos e todas!! Nestes momentos que debemos estar nas nosas casas e como só podemos saír para facer certas accións, unha das cales é facer a compra todos e todas en familia. Neste enlace temos a oportunidade de facer a compra dunha forma recreativa.

Ademais contamos ca axuda de pictogramas e dunha axuda verbal para seleccionar o alimento que elixamos. Deste xeito os alumnos e alumnas da Aula 4 seguimos ampliando o noso vocabulario e xenerando aprendizaxes noutros contextos da nosa vida cotiá. Unha aperta para todos e todas.

Cuento: Coronavirus no es un príncipe (ni una princesa)

Prezados nais e pais,

Fágovos chegar este pequeno conto en relación ao coronavirus.

Estaría ben que o leades a todo o alumnado. Ten unhas ilustracións sinxelas coas que seguro disfrutarán os nenos/as.

 

ALGUNHAS COUSAS DE INTERESE

Bo día

Xa chegamos ao venres, queda un día menos para volver a vernos. 

Deixámosvos uns materiais que compartiron no portal de ARASSAC para poder explicar ao noso alumnado o que está pasando. 

Unha aperta e moito ánimo, tanto para o alumnado como para as familias, que son os nosos heroes neste momento.

XOGO TEACCH: Conductas adecuadas e inadecuadas fronte ao coronavirus!

Bos días: familias, compis, e nen@s!

Dende audición e linguaxe tamén estaremos ao pé do canón compartindo recursos e ideas para que os nosos nenos e nenas poidan seguir traballando aspectos da comunicación e a linguaxe dende casa. Ademais recórdovos que na sección de "Audición e Linguaxe" da páxina web tedes moitos recursos e actividades que podedes rescatar para facer estes días na casa. Non deixedes de botarlles un ollo!

LA GRANJA DE ZENON

 

E como non todo vai ser traballar. Agora tamén toca gozar.

 

 https://www.youtube.com/watch?v=a4SyoAppjWc

SECUENCIAS TEMPORAIS

 Bos días familias, aquí estamos outro día para que entre todos poidamos facer que estes días de corentena sexan o máis amenos posibles.

Déixovos unhas fichas cas que os  nenos poderán desfrutar.

Distribuir contido


by Dr. Radut