Skip to Content

XOGO TEACCH: Conductas adecuadas e inadecuadas fronte ao coronavirus!

Bos días: familias, compis, e nen@s!

Dende audición e linguaxe tamén estaremos ao pé do canón compartindo recursos e ideas para que os nosos nenos e nenas poidan seguir traballando aspectos da comunicación e a linguaxe dende casa. Ademais recórdovos que na sección de "Audición e Linguaxe" da páxina web tedes moitos recursos e actividades que podedes rescatar para facer estes días na casa. Non deixedes de botarlles un ollo!

Hoxe vos comparto un material teacch que elaborei cos pictogramas de ARASAAC para axudar aos nenos e nenas a entender as conductas que están ben e que están mal fronte ao coronavirus.

É un tipo de actividade que xa veño facendo con moitos dos nenos no cole, consiste en clasificar imaxes en dúas táboas. As imaxes adecuadas (por exemplo "quedar na casa") vai na táboa verde, e as imaxes inadecuadas (por exemplo "ir a unha festa") vai na táboa vermella.

É importante ir comentando cada imaxe para asegurarnos que comprenden o que significa. Se non podedes imprimir o documento que vos adxunto, podedes ver as imaxes no ordenador ou na tablet e ilas comentando.

Un abrazo enorme e ánimo a tod@s! TODO VA A SALIR BIEN

AdxuntoTamaño
Material_TEACCH_Coronavirus.cee_.pdf1.08 MB


blog | by Dr. Radut