Skip to Content

Blogues

Material da PRIMAVERA

Ola familias, nen@s, e compañeiros!

Hoxe compartimos un material que elaboramos da primavera. Neste vídeo curto con música podedes ver un resumo do material.

Serve para traballar a atención e seguemento visual, e tamén vocabulario básico da primavera: o tempo, a roupa, as flores, e os insectos.

AS EMOCIÓNS

Bo día familias

 

Hoxe dende o departamento de orientación, queríamos recordar o importante que é a intelixencia emocional. Para que o noso alumnado aprenda a identificar e xestionar os diferentes estados e emocións deixámosvos un material compartido por ARASAAC que nos pareceu moi interesante. Trátase de identificar as emocións contento/triste.

 

O SON DAS LETRAS

Ola de novo familias!!!

unha semana mais na que temos que ter moito ánimo e forza para que pronto chegue o día en que todos poidamos vernos de novo, mentres tanto desde o departamento de AL deixámosvos unha presentación interactiva para que xoguedes cos vosos fillos e fillas.Neste caso recollemos os sons do noso abecedario acompañados de imaxe, colocación e xesto de apoio para que lles sexa mais doado. Aproveitade para facelo con eles e se é posible que preman cada imaxe para que escoiten os sons.

Esperamos que vos guste.

RECURSOS PARA CASA

Ola a tod@s.

Dende o departamento de Educ. Física quero mandarvos unha aperta enorme, cargada de moito cariño para todos vós.

Debido a situación que estamos a sufrir todos, a prioridade nestes intres é a de coidar a todos os que temos o noso arredor.

DEBUXOS E CANCIÓNS

Bos días!

Hoxe traio aquí varios enlaces a series de debuxos animados das que temos empregado as cancións na clase de música. Deste xeito, en certa medida, pódese ter unha sensación de rutina.

En Youtube atópase a serie dos Trotamúsicos:

https://www.youtube.com/watch?v=CLvxg1YH3zg&list=PLjGG4eB-AY7lLRIEZTftqW63JTe6jCg1W

 

E na web de RTVE tedes:

FACEMOS A COMPRA

Ola bo dia!! Debido a que seguimos neste período de tempo nas nosas casas, continuamos traballando nunha de esas actividades que podemos facer todos e todas cas nosas familias. Como é ir o mercado.

Neste enlace deíxovos unha manualidade para que os alumnos da Aula 4 poidan elixir os alimentos que se lle piden en dúas listas da compra. Para facela temos que cortar os alimentos e pegalos en cada carro da compra.

Como axuda temos varios pictogramas para que todo sexa maís doado. Unha aperta a todos e todas!!

Distribuir contido


by Dr. Radut