Skip to Content

blogue deJeru

"AS SECUENCIAS"

Ola de novo familias!

Achegamos pdf con exemplos de rutinas diarias para que traballedes cos nenos dentro das estancias da casa. Por unha banda lembramos rutinas e por outra incidimos nas secuencias temporais.

MOITA FORZA E APERTAS GRANDES!

FORMAS DE VIVIR

Ola de novo familias!!!

Achegamos un vídeo feito con moito cariño para introducir as formas xeométricas dunha maneira "distinta". Acompaña un pdf sobre formas básicas e como traballalas.

Esperando que sigades con moita forza...

 Unha aperta enorme e moitos achuchóns para @s nos@s nen@s.

PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO.

SERIES NA CASA

Ola de novo familias, seguimos con moita forza e ilusión!

Achego un pdf para facer series sinxelas nestes días nos que o tempo na casa nos permite estar todos xuntos.No documento está todo o que precisades saber, os elementos son moi básicos e os atoparedes en calquera recuncho dos vosos fogares.

Unha aperta moi grande a tod@s!!!

Botámosvos moito en falta.

 

UN VASO CHEO DE EMOCIÓNS

Ola de novo rapaces, unha semana mais na casa e unha menos para vernos de novo.

Déixovos un pequeno cariño para que disfrutedes en familia.

Apertas e achuchóns xigantes!

Preme aquí para ver o vídeo.

TODO VAI SAIR BEN

Ola nenas e nenos, aqui seguimos acompañándoos con moito cariño e moita forza e desexando que pronto nos vexamos.

Achego un pequeno cariño para todo vós.

 

Mándovos un achuchón enorme a todos.

PREME AQUÍ PARA VER  VÍDEO

 

O SON DAS LETRAS

Ola de novo familias!!!

unha semana mais na que temos que ter moito ánimo e forza para que pronto chegue o día en que todos poidamos vernos de novo, mentres tanto desde o departamento de AL deixámosvos unha presentación interactiva para que xoguedes cos vosos fillos e fillas.Neste caso recollemos os sons do noso abecedario acompañados de imaxe, colocación e xesto de apoio para que lles sexa mais doado. Aproveitade para facelo con eles e se é posible que preman cada imaxe para que escoiten os sons.

Esperamos que vos guste.

Distribuir contido


by Dr. Radut