Skip to Content

blogue deTania

Relaxación corporal por segmentos

Tumbar ao neno en posición supina (mirando ao teito) e coller a súa cabeza entre as mans.

Mentres cantamos a seguinte canción, mover a cabeza suavemente:

 

"Non non non, unha pelota non é, é a cabeza de [nome do neno] é".

 

Un chisco de terapia musical

Aquí vos deixo unha pequena mostra das audicións que empregamos na aula de música e que poden ser útiles mentres realizamos distintas actividades ao longo do día.

Dependendo do efecto que busquemos, podemos poñer unha ou outra a un volume non moi alto que nos acompañe sen molestar e desfrutar da súa escoita (non son vídeos para visualizar)

 

Tocamos instrumentos

E se recuperamos algúns dos nosos instrumentos musicais?

 

Con estas sinxelas aplicacións, podemos tocar o xilófono ou o piano dende calquera lugar:

 

A comunicación bimodal no CEE Miño

O uso dos SAAC no CEE Miño é unha realidade e forma parte da rutina diaria, tanto no centro como nas familias, xa que nos permiten aumentar a capacidade de comunicación e aprendizaxe do noso alumnado.

A comunicación bimodal combina o uso da lingua oral apoiado con signos manuais, o que supón un complemento para a  visualización das palabras.

A familia

Distribuir contido


by Dr. Radut