Skip to Content

blogue deTania

Sons co corpo

Cantar unha canción facendo as accións que se indican para cada frase:

 

"Facemos ruido..."

...coas mans (aplaudir)

...cos pés (golpear no chan)

...coas pernas (percusión coas mans nas pernas)

Vento

Mentres cantamos a seguinte canción, deslizar un pano lixeiro e longo polas zonas do corpo que se indican:

 

"Sopra o vento sobre a cara, sobre os brazos.

Sopra o vento sobre as orellas, sobre os pés."

Sons con papel

Escoller diferentes tipos de papel: de xornal, de seda, papel metálico (da cociña)... para estimular o sentido do tacto e do oído, así como a atención e a motricidade.

Enrugalo facendo unha bola (pode facelo o neno só ou axudado polo adulto) mentres cantamos unha canción: "pecha a bola e faise así, abre a bola e faise así"

Choiva

Escoller na rede sons de choiva para poñer de fondo.

Estimular, ao son da audición, coas xemas dos dedos dando pequenos toques suaves (como se fosen gotas de choiva) sobre a cabeza do neno.

Pódese continuar con distintas partes do corpo.

Patología neurológica infantil durante el confinamiento

Dende o departamento de fisioterapia, achégase esta guía para familias que pode ser de utilidade nestas datas.

Sons con auga

Para esta actividade é necesario un vaso e varios recipientes de distintos tamaños e materiais (vidro, plástico, metal).

 

Imos botando vasos de auga, pouco a pouco, en cada recipiente, escoitando o son que produce ao caer directamente no recipiente e sobre distintas cantidades de auga.

 

A agua adoita ser un elemento relaxante, ademais, con esta actividade, traballamos a escoita, a atención e a espera.

Distribuir contido


by Dr. Radut