Onte pola mañá achegámonos ao auditorio con un grupo de alumnas e alumnos para ver a obra HUGO, da compañía Os náufragos.
Gañadora do premio María Casares ao mellor espectáculo para público infantil e familiar en 2022, aborda o trastorno do espectro autista na infancia desde a empatía e a sensibilidade, fala da diversidade, da convivencia e da beleza de ser diferentes.
Aquí vos deixamos un vídeo resumo coa actividade do Taller de Pintura con Manuel Penín, que repite por segunda vez para traballar e explorar tódalas posibilidades das cores co noso alumnado. Decir que lles escantou quédase curto!!!Marabilla de actividade. Grazas por facelo posible Manuel e esperámoste noutras ocasións!!!
Este ano a festa de Entroido adicámola ao AMOR. O tema está moi relacionado cun poema dos que traballamos na liña temática deste curso. Cada aula, cos distintos especialistas escolleu unha cor e todos e todas fomos disfrazados de corazóns. Ahhhh e tamén apareceron unhas CUPIDAS...fermosas e cheas de amor para axudar e compartir esta bonita festa que celebramos no auditorio o pasado venres día 9 de febreiro. Agardamos que vos guste o vídeo resumo da festa.