HOXE, 10 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE WEST DESDE O CEE MIÑO QUEREMOS MOSTRAR O NOSO CARIÑO E APOIO A TODOS OS NENOS E NENAS E AS SÚAS FAMILIAS.
ENTRE TODOS FAREMOS QUE CADA DÍA AS BARREIRAS VAIAN A MENOS.
DESDE COMEZOS DO MES DE MAIO DE XEITO VIRTUAL, PASIÑO A PASIÑO, FOISE CELEBRANDO A PRIMAVERA DAS LETRAS 2020. COA RECOLLIDA DAS PRODUCIÓNS (DEBUXOS, DECORACIÓN DOS GALOS, REFRÁNS, ADIVIÑAS E DITOS POPULARES) DO ALUMNADO E FAMILIAS AQUÍ VOS DEIXAMOS DÚAS MONTAXES, CON ELAS DASE POR REMATADA ESTA CELEBRACIÓN E ATA O VINDEIRO OUTONO. GRAZAS POR PARTICIPAR.
ESTE CURSO FOI BEN DIFERENTE PERO AÍNDA ASÍ NON DEIXA DE SER ESPECIAL. SENDO TODOS UNS SUPERHEROES NADA VAI IMPEDIR QUE SE POIDA SEGUIR TRABALLANDO DESDE DONDE SEXA E CADAQUÉN COAS SÚAS APORTACIÓNS.
AGORA TOCA LEMBRAR OS GRANDES MOMENTOS E, PARA ISO TEMOS UN ANO MÁIS A REVISTA "COUSIÑAS" CURSO 2019-2020.
PASADE UN BO VERÁN E DESEXANDO PODER ESTAR DE NOVO EN SETEMBRO CON TODOS VÓS.
DESPOIS DE TRABALLAR NO CONTO "UN CACHIÑO DE BICA?" ELABORADO CON MOTIVO DA PRIMAVERA DAS LETRAS E DIRIXIDO AO ALUMNADO DO CEE MIÑO, ELABOROUSE O SEGUINTE VÍDEO COMA UN RECURSO MÁIS PARA OBSERVAR, LER, ... E COMO NON FACER UNHA DOCE BICA, COMA A QUE COMPARTÍAN OS PROTAGONISTAS DO CONTO.
DENDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DE LINGUA GALEGA DEIXÁMOSVOS UNHA RECOPILACIÓN DE CANCIÓNS E CONTOS EN GALEGO, MOITOS DELES XA TRABALLADOS COA INTENCIÓN DE QUE SEXAN UNHA FONTE DE ESTÍMULO E RECORDOS PARA O NOSO ALUMNADO.
DESDE O CEE MIÑO NON QUEREMOS DEIXAR DE LEMBRAR A FESTA DAS NOSAS LETRAS, SEXA DO XEITO QUE SEXA. CON TAL MOTIVO A PROFE ROSA AGASÁLLANOS CUNHA LECTURA DO CONTO "AS PITAS BAIXO A CHOIVA", OBRA DE RICARDO CARBALLO CALERO HOMENAXEADO ESTE ANO, E O PROFE ANDRÉS LÉMBRANOS A CASTELAO HOMENAXEADO NO ANO 1964.