Gallego

Programa "Centros de educación ambiental" con estadías en enclaves naturais

O programa educativo Centros de Educación Ambiental facilita o acceso a estadías para o alumnado en centros de educación ambiental situados en zonas de gran interese natural.

O seu obxectivo é propiciar a adquisición de coñecementos, hábitos e condutas que incidan no coidado e mellora da contorna ambiental de maneira sostible, mediante a análise dos problemas derivados da relación do ser humano co medio e a participación en actividades que levan á reflexión, compromiso e actuación responsable cara á contorna para evitar a súa deterioración. Así mesmo, trata de fomentar hábitos de vida saudable e desenvolver un conxunto de valores como a responsabilidade, a perseveranza, o autocoñecemento, o respecto e a autoestima.

Esta actividade terá lugar nos centros de educación ambiental de Villardeciervos (Zamora) e Viérnoles (Cantabria), situados en enclaves naturais onde se ofertarán programas e actividades relacionados coa sostibilidade e a natureza.

A participación é gratuíta e ten unha duración de cinco días. O traslado dos participantes desde o seu lugar de residencia ata os centros de eduación ambiental mais o retorno a Galicia non está incluído nas axudas, polo que correrá a cargo dos/as interesados/as.

  • Destinatarios/as: Alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional Básica (20-23 grupos). Deberá ir acompañado de profesorado do centro, preferiblemente coa persoa titora (certificándose unha participación de 30 horas).
  • Prazo de presentación de solicitudes: Desde o 6 de xaneiro ata o 6 de febreiro de 2023.
  • Procedemento: Tramitarase a través da Dirección dos centros educativos, quen deberá facer unha solicitude na sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional. Cada centro debe presentar o seu proxecto educativo con contidos e actividades a desenvolver, cun enfoque innovador e segundo o formato indicado polo Ministerio.
  • Información completa e solicitudes a través desta ligazón.
Gallego
Imaxe

Concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos Española "Cantamos coas Mans"

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) pon en marcha a sexta edición do seu Concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos Española "Cantamos coas Mans", co obxectivo de dar visibilidade á Lingua de Signos nas aulas dun xeito divertido, a través da música. 

A participación está aberta a todos os centros educativos de Galicia, en todos os niveis de ensinanza.

A través desta ligazón pódese acceder a toda a información, formulario de inscrición e outros documentos relevantes.

Prazo de presentación das obras: 13 de abril de 2023 ás 12.00 horas.

 

Gallego
Cartel

Jean Monnet: convocatoria de subvención para iniciativas de aprendizaxe sobre a UE

As iniciativas de aprendizaxe sobre a Unión Europea Jean Monnet contribúen a reforzar a identidade europea e a cidadanía activa entre o alumnado e o profesorado. Estas iniciativas están dirixidas a centros escolares e a centros de Formación Profesional (niveis CINE 1 a 4), que poderán ofrecer contidos específicos sobre temas relacionados coa Unión Europea (democracia, historia da UE, funcionamento da UE ou diversidade cultural, entre outros).

As actividades deben desenvolverse durante o curso escolar e poden incluír visitas de estudo e outras actividades de inmersión.

A información sobre os criterios de admisibilidade e concesión, así como as normas de financiamento, atópanse na nesta ligazón.

Prazo de presentación da solicitude de subvención: ata o 14 de febreiro ás 17.00 horas (hora de Bruselas).

Gallego
Jean Monnet

Convocatoria de solicitude do distintivo "Sello Vida Saudable"

O Ministerio de Educación e Formación Profesional abre o prazo de solicitude do distintivo "Sello Vida Saudable", dirixido a todos os centros educativos comprometidos coa mellora da calidade educativa e a promoción da saúde.

Recoñecemento público dos centros docentes, tanto públicos como privados sostidos con fondos públicos e privados, que fomenten a aprendizaxe da saúde no ámbito educativo, así como a asunción de prácticas de vida saudable e unha educación física que permita o adecuado desenvolvemento persoal e social ao longo da escolarización do alumnado.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Desde o 1 de xaneiro ata o 28 de febreiro de 2023.

Máis información, instrucións e presentación de solicitudes a través desta ligazón.

 

Gallego
Sello Vida Saudable

Webinario sobre as novas grellas de avaliación do DELF-DALF

O Centro Nacional de Exámenes do Servicio de Cooperación Educativa y Lingüística de la Embajada de Francia organiza un webinario para informar sobre as características das novas grellas de avaliación das certificacións de francés DELF-DALF.

Este webinario terá lugar o mércores 1 de febreiro ás 17.30h e vai dirixido a todo o profesorado de francés interesado.

As inscricións faranse a través do documento anexo, facendo click no botón azul "inscribirse".

 

Gallego
Logotipo

XL Olimpíada Galega de Química

A Asociación de Químicos de Galicia, coa colaboración do Colexio Oficial de Químicos de Galicia organiza, o 10 de marzo de 2023, nas sedes da Coruña, Lugo, Santiago, Ourense e Vigo a edición XL desta Olimpíada.

O evento vai dirixido ao alumnado de calquera centro público ou privado da Comunidade Autónoma de Galicia matriculado durante o curso 2022/23 no Bacharelato e que non teña cumpridos dezanove anos o 1 de outubro de 2023. Con carácter excepcional, tamén poderán tomar parte alumnos/as do 2º ciclo da ESO de excelentes capacidades.

As probas, cuxo contido versará sobre aqueles aspectos da Química que estean recollidos no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, conterán tanto cuestións tipo test como problemas e interpretación dun suposto práctico de laboratorio.

O prazo para as solicitudes de participación é ata o 3 de marzo de 2023, indicando expresamente en que cidade quere realizar as probas.

 

Formulario de inscrición

 

Gallego
Cartel Olimpíada

File: 

Calendario científico escolar 2023

O calendario científico escolar é unha iniciativa do CSIC e está financiado por FECYT a través da Convocatoria de axudas para o fomento da cultura científica, tecnolóxica e da innovación. Este calendario recolle un aniversario científico ou tecnolóxico para cada día do ano co obxectivo de fomentar a cultura científica nos centros educativos e poñer ao dispor do alumnado modelos referentes próximos que promovan as vocacións STEM.

Conta cunha guía didáctica complementaria para o aproveitamento transversal do calendario nas clases e está dispoñible con acceso aberto en varios idiomas.

Os ficheiros poden descargarse en formato compatible con impresión caseira e en formato accesible para a súa entrega mediante sintetizadores de voz, lectores de pantalla, liñas braille, etc.

Calendario Científico escolar 2023

Dispoñible en varias linguas diferentes:

Máis información premendo nesta ligazón.

Gallego
Calendario científico escolar 2023

IV Masterclass de Física de Partículas polo 11F para alumnas de 1º de Bacharelato

Co gallo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), en colaboración co Grupo Internacional de Divulgación de Física e o  CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear), organizan a IV Masterclass de física de partículas dirixida exclusivamente a alumnas de 1º bacharelato de institutos de Galicia.

Este evento terá lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC, onde se impartirán unha serie de conferencias introdutorias á Física de Partículas actual e se fará unha práctica por ordenador en grupos con datos reais dun experimento do CERN. Posteriormente, discutiranse os resultados mediante videoconferencia co CERN e outros centros europeos que realicen a xornada simultaneamente. O número de prazas está limitado a 40 e 2 alumnas de 1º de bacharelato por instituto. O/A profesor/a acompañante das estudantes pode asistir e incluso participar activamente na masterclass, se así o desexa.

O prazo de solicitude estará aberto ata o 27 de xaneiro ás 23:59 h. As solicitudes serán atendidas por orde de chegada.

As seguintes ligazóns permiten ampliar a información anterior: Masterclass, Programa, Formulario de inscrición.

 

Gallego
Imaxe Masterclass

Xornadas "Libros informativos, divulgativos e de coñecemento para a infancia"

O Consello da Cultura Galega acolle as Xornadas "Libros informativos, divulgativos e de coñecemento para a infancia", organizadas por GÁLIX (Asocación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), en colaboración con outras entidades educativas.

As ditas xornadas terán lugar o mércores 25 e o xoves 26 de xaneiro, así como o seguinte mércores 1 de febreiro, en horario de 17:00 a 20:00 horas. Existe a posibilidade de asistir de forma presencial e, ademais, serán retransmitidas en directo a través da canle de Youtube de GÁLIX.

Trátase dunha actividade de 9 horas con posibilidade de certificación, na que o profesorado se pode inscribir a través de FPROFE (código G2202035).

Pode consultarse toda a información sobre este evento no cartel anexo.

 

Gallego
 imaxe_xornadas_galix

File: 

Convocados os Premios Escolares Innovaugas como incentivo á educación ambiental

A Xunta vén de convocar os Premios Escolares Innovaugas 2022 para incentivar a educación ambiental entre as persoas máis novas arredor da utilización da auga e a preservación do medio natural.

Esta iniciativa propón a elaboración dunha peza audiovisual dunha duración entre 15 segundos e 1 minuto, pensada para difundir a través das redes sociais e que pode empregarse como un recurso máis para incentivar a curiosidade do alumnado por adquirir novos coñecementos e pola aprendizaxe de novos contidos relacionados coa auga.

  • Alumnado destinatario: 1º e 2º de Educación Primaria.
  • Prazo de presentación: ata o 31 de xaneiro de 2023.
  • Premios: 3.000 € para o equipo gañador de cada provincia e un bidón de auga fabricado con plástico reciclado para todas as persoas integrantes dos equipos finalistas.

 

Premendo nas seguintes ligazóns pódese acceder á nova completa e á publicación da convocatoria no DOG, onde se poden consultar todas as bases do concurso.

Gallego
Concurso auga