Título node Learning object

Convocados os Premios Escolares Innovaugas como incentivo á educación ambiental
Mar, 10/01/2023 - 10:06
Concurso auga

A Xunta vén de convocar os Premios Escolares Innovaugas 2022 para incentivar a educación ambiental entre as persoas máis novas arredor da utilización da auga e a preservación do medio natural.

Esta iniciativa propón a elaboración dunha peza audiovisual dunha duración entre 15 segundos e 1 minuto, pensada para difundir a través das redes sociais e que pode empregarse como un recurso máis para incentivar a curiosidade do alumnado por adquirir novos coñecementos e pola aprendizaxe de novos contidos relacionados coa auga.

  • Alumnado destinatario: 1º e 2º de Educación Primaria.
  • Prazo de presentación: ata o 31 de xaneiro de 2023.
  • Premios: 3.000 € para o equipo gañador de cada provincia e un bidón de auga fabricado con plástico reciclado para todas as persoas integrantes dos equipos finalistas.

 

Premendo nas seguintes ligazóns pódese acceder á nova completa e á publicación da convocatoria no DOG, onde se poden consultar todas as bases do concurso.