Gallego

Fundación INGADA: material de axuda para persoas con TDAH

A Fundación INGADA co apoio da Xunta de Galicia vén de publicar material diverso de descarga gratuíta que pode resultar de axuda ao profesorado, familias e alumnado:

- Guía de apoio ao estudo.

- Guía de asesoramento familiar.

- Guía de uso responsable de novas tecnoloxías.

- Como convivir con TDAH?

- O alumnado con TDAH na universidade. Guía de boas prácticas.

- Grupos de axuda mutua.

- Planificador.

Nos seguintes enlaces figuran os códigos QR de decarga:

 

Gallego

Cursos “Matemáticas con Maxima no Ensino Medio” e “Estatística con R no Ensino Medio”

O Programa de Formación e Innovación Docente da Universidade de Santiago de Compostela organiza os cursos “Matemáticas con Maxima no Ensino Medio” e “Estatística con R no Ensino Medio” dirixidos ao profesorado de Ensino Medio con especialidade en Matemáticas.

Estas actividades teñen solicitada a homologación da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades como actividade de formación permanente do profesorado.

A duración de cada curso é de 21 horas (15 presenciais e 6 non presenciais).

Toda a información relativa á inscrición, datas de celebración das diferentes sesións e temática pode consultarse a través das seguintes ligazóns:

 

Curso Maxima: https://sites.google.com/view/curso-maxima-em/inicio

Curso R: https://sites.google.com/view/curso-r-em/inicio

 

O prazo de inscrición vai do 10 de outubro ao 10 de decembro de 2022.

Gallego

VI Xornadas "Ti tamén formas parte do TDAH"

Con motivo do mes europeo do TDAH, que cada ano se celebra en outubro, as asociacións de persoas afectadas por este trastorno, así como polas diferentes comorbilidades asociadas, realizan unha serie de actos formativos e informativos co obxectivo de sensibilizar a sociedade e darlle visibilidade a esta alteración.

A Asociación TDAH Salnés organiza un ano máis unha actividade formativa na que se tocarán diferentes temas en resposta ás cuestións expostas por familias e docentes.

Esta actividade terá lugar o sábado 29 de outubro ao longo de todo o día e o programa pode consultarse no documento anexo.

 

Gallego
Cartel xornadas TDAH

Actividades educativas do Museo do Mar de Galicia

O Museo do Mar de Galicia e o Centro Arqueolóxico do Areal Salinae presentan a oferta de actividades educativas para este curso académico 2022-2023, dirixidas a escolares dende 2º ciclo de Educación Infantil ata Bacharelato, en grupos de máximo 50 participantes.

Todas as actividades son gratuítas e poden consultarse no arquivo anexo.

Contacto para información e reservas no 986247750 ou en info.museodomar@xunta.gal, de martes a venres de 10:00 a 14:00.

Gallego

I Congreso Internacional de Redes sociais e Formación Docente

Organízase o primeiro congreso en modalidade online que se celebra en España sobre o uso de redes sociais para a transferencia de coñecementos e o desenvolvemento profesional docente.

Este evento pretende ofrecer un espazo de intercambio de resultados de investigacións e asemade constituír un punto de encontro entre as persoas investigadoras de diferentes países, coa finalidade de colaborar e dialogar.

A asistencia como oínte é gratuíta e a inscrición pode realizarse a través do seguinte enlace: https://redesyformacion.com/inscripcion/.

Gallego

Publicados os Decretos que establecen a ordenación e o currículo das etapas de primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato

Publicados no DOG do día 26 de setembro de 2022 os decretos que establecen a ordenación e o currículo das etapas de primaria, secundaria obrigatoria e bacharelato:
- Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Gallego

Tema: 

Día Internacional da Dislexia

O vindeiro 8 de outubro celébrase o Día Internacional da Dislexia e, na sede das Nacións Unidas de Nova York, o 11 de outubro ás 15:00 terá lugar un acto conmemorativo que estará dispoñible online (un.disfam.org).

Gallego
Día internacional da Dislexia

Resolución do 19 de setembro de 2022 pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos

Publicada no DOG do día 30 de setembro de 2022 a Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

 

Gallego

A Fundación Eugenio Granell inaugura a exposición “Granell e os seus personaxes preferidos”

O vindeiro xoves 6 de outubro a Fundación Eugenio Granell abrirá ao público a exposición “Granell e os seus personaxes preferidos”, nas salas 2 e 3 da segunda planta do museo.

A hora de apertura será ás 12:00 e a visita será gratuíta ao longo de todo o día, no horario habitual do museo: de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

Gallego
Fundación Eugenio Granell

Noite Galega das Persoas Investigadoras G-NIGHT

A Universidade da Coruña, a través da Unidade de Divulgación Científica e Cultural,  súmase unha vez máis á iniciativa da Noite Europea das Persoas Investigadoras. 

A Noite Europea das Persoas Investigadoras é un evento de divulgación científica que se celebra de xeito simultáneo en cidades de toda Europa o último venres de setembro. Neste ano terá lugar o 30 de setembro do 2022 baixo o título da Noite Galega das Persoas Investigadoras G-NIGHT, coordinadas as tres universidades galegas e outros centros de investigación galegos en colaboración cos museos e concellos das seguintes cidades: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. 

Durante a xornada terase a oportunidade de participar en obradoiros, charlas divulgativas, rutas científicas, experimentos, conferencias, dirixidas para todo tipo de público: infantil, xuvenil, familiar, escolar, adulto etc. independentemente da súa formación e coñecementos. 

Para participar durante a xornada do 30 de setembro, pódese ver a oferta de todas as actividades na web https://gnight.gal/

 

Gallego
Noite Galega das Persoas Investigadoras G-NIGHT

Tema: