Ficha técnica
Institución:
- Consellería de Cultura, Educación e Universidade
- Museo do Pobo Galego - Fundación Antonio Fraguas
Ámbito: promoción da cultura / patrimonio cultural / normalización lingüística
Definición: o programa ten como finalidade a realización dunha pescuda sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico da contorna próxima dos centros escolares.
Vinculación cos ODS da Axenda 2030:
- ODS 11. Cidades e comunidades sustentables
- ODS 8. Traballo decente e crecemento económico
- ODS 5. Igualdade de xénero
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: primaria, ESO e bacharelato
Límite de centros participantes: sen límite
Criterios de selección:
- Idoneidade e calidade do proxecto presentado
- Grao de implicación do claustro, da comunidade educativa e da sociedade da contorna
Persoas responsables:
Nome: Francisco Fariña Busto
Departamento: Fundación Antonio Fraguas - Museo do Pobo Galego
Correo electrónico: fcofarbus@yahoo.es
Nome: Bieito Pérez Outeriño
Departamento: Fundación Antonio Fraguas - Museo do Pobo Galego
Correo electrónico: bieito.perez@gmail.com
Nome: Francisco Javier Sanjiao Otero
Departamento: Fundación Antonio Fraguas - Museo do Pobo Galego
Correo electrónico: fuco.sanjiao@usc.gal
Obxectivo
O programa consiste nunha pescuda sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico do contorno inmediato dos centros escolares. O seu obxectivo é familiarizar a cidadanía cos valores propios do patrimonio cultural máis diverso, fomentar o seu coñecemento e facilitar dese xeito a súa conservación para as xeracións vindeiras e as relacións interxeracionais.
Desenvolvemento das competencias clave
- Competencia en conciencia e expresións culturais
- Competencias sociais e cívicas
Actividades
Neste proxecto de investigación, os centros promoverán a elaboración dun traballo en equipo mobilizando os membros da comunidade escolar co seu contorno, con funcións diferenciadas para:
a. O alumnado, que terá unha función nuclear correspondéndolles a identificación de elementos patrimoniais e o recoñecemento da súa importancia como elementos e valores cívicos. Desenvolverán estratexias de investigación básica dentro da metodoloxía de traballo por proxectos coa finalidade de coñecer o patrimonio de Galicia e promover a súa valorización.
b. O profesorado terá por función guiar o proceso de investigación e presentar os recursos do contorno como vehículo de cohesión social e integración da comunidade do alumnado e da súa contorna social. Para iso deberán integrar a aprendizaxe colaborativa dentro do proceso de ensino-aprendizaxe e integrar igualmente a interdisciplinariedade nos procesos de investigación.
- Apoio ao profesorado: facilitarase asesoramento telefónico ou presencial (previa cita) para solucionar dúbidas sobre a execución do proxecto. Ofrecendo tamén a posibilidade de colaborar noutras actividades relacionadas co contido do proxecto.
- Visitas guiadas (voluntarias): os centros seleccionados terán a posibilidade de participar nas visitas ao Museo do Pobo Galego guiadas por persoal especializado.
- Concurso (participación voluntaria): os centros participantes poderán participar, en condicións preferentes, no proceso de selección do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas cando sexa convocado pola Fundación. A participación neste proceso é voluntaria e aberta a todos os centros que o soliciten (dentro e fóra do Plan Proxecta). Os proxectos que resulten gañadores presentarán o seu traballo nunha mostra expositiva nas instalacións do Museo do Pobo Galego.
Recursos
Produto final
Os centros seleccionados deberán especificar o produto final a acadar co desenvolvemento do proxecto, tanto se ten un carácter aberto coma pechado e definido.
De calquera xeito, os centros deberán presentar unha memoria final exhaustiva da realización do proxecto levado a cabo. Nela especificarase a metodoloxía empregada na súa elaboración, a descrición dos materiais identificados, a súa identificación e valoración cultural así como unhas conclusións. De ser o caso, deberá contar con material gráfico ilustrativo daqueles aspectos máis salientables.
Criterios de avaliación da memoria final
Criterios xerais do Plan Proxecta
1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).
2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.
Criterios específicos
4. Fomento da relación transxeneracional na comunidade educativa e social inmediata, a través da identificación dos elementos patrimoniais.
5. Recuperación da significación social dos elementos patrimoniais (monumentos, lendas, ritos, ditos e refráns, lugares, paisaxes etc.).
6. Identificación, localización e precisión descritivas da cada un dos bens patrimoniais que forman parte do proxecto, e a utilización de ferramentas informáticas e lingüísticas que as favorezan.
Selección de boas prácticas
Os traballos premiados en edicións anteriores do concurso "Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas" foron os seguintes:
- 1ª CONVOCATORIA: O Mar, CEIP Xuño (Porto do Son) / Obradoiro “Antonio Fraguas” de Cultura popular, Historia local e Medio ambiente, CPI Alfonso VII (Caldas de Reis).
- 2ª CONVOCATORIA: Os Hórreos do Concello de Ribeira de Piquín, CEIP Aníbal Otero (Ribeira de Piquín) / Muíños de Auga no Concello de Foz, IES de Foz (Foz).
- 3ª CONVOCATORIA: A toponimia do Val Miñor, CEP A Cruz de Camos (Nigrán) / O Patrimonio das Pesqueiras do Miño, IES Pedra da Auga (Ponteareas) e IES Pazo da Mercé (As Neves)*.
- 4ª CONVOCATORIA: Educaldea, CEP Xosé María Brea Segade (Rianxo) / O Patrimonio, un recurso endóxeno ameazado e esquecido, IES de Pontecaldelas (Pontecaldelas)
- 5ª CONVOCATORIA: As embarcacións tradicionais da comarca de Ferrol, IES Concepción Arenal (Ferrol)* / As fábricas da luz de Rechinol, Portodís e Portochao como exemplo de descoñecemento do noso patrimonio cultural, IES de Melide (Melide)
- 6ª CONVOCATORIA: As adiviñas na fala viva, CEIP A Cristina (Carballo) / Ceibes no monte, IES Terra de Turonio (Gondomar)*
- 7ª CONVOCATORIA: A imaxinación no peto, CEIP de Gándara-Sofán (Carballo) / A evolución da agricultura e a súa incidencia no patrimonio inmaterial do Concello de Trazo, CPI Viaño Pequeno (Trazo)*
- 8ª CONVOCATORIA: Fortes da Guerra de Restauración en Vila Nova da Cerveira e Tomiño, patrimonio inmaterial. CEIP Pintor Antonio Fernández (Tomiño) / Outear. IES Poeta Añón (Outes)*
- 9ª CONVOCATORIA: Lavadores. Pasado e presente da nosa parroquia, CEIP O Pombal (Vigo) / A paisaxe lendaria e toponímica do Concello de Silleda, IES Pintor Colmeiro (Silleda).
- 10ª CONVOCATORIA: Vedr@ medra, CPI Plurilingüe, Vedra / Figuras de antonte e de onte. Figuras para o mañá, IES A PINGUELA, Monforte de Lemos.
- 11.ªCONVOCATORIA: Pintando o patrimonio, definimos a nosa identidade, CEIP Ana María Diéguez de Asados (Rianxo); Iconografía sacra e profana no concello de Silleda, CPR María Inmaculada de Silleda