Título node Learning object

Cociñando con saúde
Xov, 13/08/2015 - 13:17
[actualizado o 16/12/2015]
 

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Consellería de Sanidade
    • Servizo de Estilos de Vida Saudable e Educación para a Saúde

Ámbito: saúde/alimentación
Definición: concienciación do alumnado sobre a importancia da calidade da oferta alimentaria na elaboración dos menús dos comedores escolares.
Temporización: medio curso.
Alumnado ao que vai dirixido: FP de grao medio (familia de cociña e restauración)
Límite de centros participantes: sen límite
Criterios de selección: solicitudes en regra

Responsable do programa:

Nome: Jose Juan Pérez Boutureira
Departamento: Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde.
Teléfono: 881 548 676
Correo electrónico: jose.juan.perez.boutureira@sergas.es

Xustificación

A obesidade infantil estase a converter nun serio problema de saúde pública xa que se asocia na idade adulta cunha maior mortalidade por factores de risco cardiovascular. Unha das estratexias contempladas no Programa Galego para a Prevención da Obesidade Infantil (Plan Xermola), inclúe a formación e sensibilización do alumnado e profesorado, ademais dos responsables da elaboración dos menús dos centros escolares.

Obxectivo xeral

Este programa educativo pretende incrementar o coñecemento do alumnado e profesorado dos ciclos de formación profesional de cociña e restauración, da importancia que ten a mellora na oferta alimentaria á hora de elaborar os menús dos comedores escolares.

O profesorado participante desenvolverá un proxecto interdisciplinario co alumnado, centrado na elaboración de menús dos comedores escolares, tendo en conta unha mellora dos hábitos alimentarios dos usuarios do mesmo. Para isto se lle ofrecerá a o profesorado particiante formción específica neste tema e se lle encauzará o seu traballo co alumnado a través da participación nun concurso de elaboración de pratos saudables.

Palabras clave

Alimentación saudable. Hábitos de vida saudable.

Obxectivos específicos

PARA O ALUMNADO

  • Formar os estudantes dos ciclos de formación profesional de cociña e restauración, futuros cociñeiros dos centros escolares, na adquisición de coñecementos e na interpretación das propiedades dietéticas e nutricionais básicas dos alimentos para a elaboración de menús saudables orientados á poboación escolar, que gocen de boa aceptación e teñan un contido calórico axeitado segundo os grupos de idade.

PARA O PROFESORADO

  • Formar o profesorado no ámbito da alimentación saudable para o desenvolvemento do programa.
  • Fomentar a inclusión de verduras, peixe e froita nos menús dos comedores escolares.

PARA AS FAMILIAS

  • Sensibilizar a comunidade educativa da importancia de fomentar a alimentación saudable no ámbito escolar. 

Metodoloxía recomendada

Seguiranse as pautas dadas polo persoal técnico que acompañará nos obradoiros aos docentes do centro.

Temporización

A temporización abarca todo o curso escolar.

Actividades e recursos

  • Formación específica ao profesorado participante, obrigatoria para o coordinador do proxecto de cada centro de 4 horas.
  • Obradoiros para o alumnado.
  • Material didáctico: pirámide alimentaria, guía de axuda para a elaboración de menús escolares,...
  • Concurso,  que consiste en:
    • Proposta dun menú equilibrado e completo para un día (almorzo, media mañán, xantar, merenda e cea)
    • Elaboración de pratos saudables organizada en tres categorías:
      • Categoría a: elaboración dun prato de verdura
      • Categoría b: elaboración dun prato de peixe
      • Categoría c: elaboración dun postre de froita fresca

Cada aula poderá participar nunha, dúas ou nas tres categorías, pero só se pode presentar un prato por categoría.

Menús Learning object node R