Título node Learning object

Protexe os animais
Mér, 12/08/2015 - 13:05

Ficha técnica

Institución:

  • Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
    • Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Ámbito: medio ambiente / desenvolvemento sustentable / cidadanía global
Definición: o programa consiste en desenvolver un proxecto que desenvolva a concienciación na sociedade actual do respecto e na protección dos animais domésticos, asentar valores fundamentais na tenza responsable de mascotas e análise crítica dos actos e das condutas non desexadas, como o abandono e o maltrato.que relacionado coa tenencia responsable dos animais domésticos e o seu benestar. Os centros promoverán a elaboración dun traballo en equipo non que terán que elaborar un proxecto onde se observe e desenvolva accións preventivas e curativas de fomento da saúde dos animais de compañía; difundir información e educar á pobloación sobre as prácticas adecuadas para a tenencia de animais nos ámbitos sanitario e ambiental. Tamén realizarán accións innovadoras de tenencia de animais nos diferentes contextos, e a difusión e divulgación de información sobre estes valores.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

  • ODS 15. Vida de ecosistemas terrestres
  • ODS 5. Educación de calidade
  • ODS 11. Cidades e comunidades sustentables

Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: infantil, primaria, secundaria, bacharelato, FP e centros de educación especial
Límite de centros participantes: 20

Límite de docentes participantes: 7, sempre e cando se especifique claramente cales son as súas tarefas no proxecto
Criterios de selección:

  • Calidade do proxecto presentado.
  • Proxecto demostrativo.
  • Orixinalidade do proxecto e das técnicas ou estratexias empregadas na consecución de obxectivos.
  • Implicación social na realización de accións e divulgación do proxecto.

Criterios de exclusión:

  • Repetir o proxecto presentado en cursos anteriores.
  • Non axustar o proxecto aos animais de compañía.
  • Non indicar as achegas e programación de cada ámbito ou materia e docente ao proxecto

Responsable do programa:

Nome: Ana Quiroga Rodríguez
Departamento: Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Teléfono: 981 547 209
Correo electrónico: ana.quiroga.rodriguez@xunta.es


Xustificación

O programa xurdiu das propias competencias da Dirección Xeral e da necesidade de traballar e educar na tenencia responsable de animais de compañía dende os centros escolares.

Obxectivos

  • Comprender o concepto de animal doméstico ou de compañía.
  • Coñecer as características dun animal doméstico.
  • Identificar as necesidades básicas dun animal de compañía, facendo fincapé nas necesidades afectivas.
  • Comprender o significado dun abandono e as consecuencias que supón.
  • Descubrir o procedemento de adopción de animais.
  • Concenciar os nenos/as sobre a protección do medio ambiente e o respecto aos dereitos dos animais.
  • Loitar contra o abandono e o maltrato animal desde a sensibilidade e a educación na infancia.
  • Fomentar o respecto cara aos animais domésticos.

Desenvolvemento das competencias clave

  • Competencia en comunicación lingüística
  • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
  • Competencia dixital
  • Competencia en aprender a aprender
  • Competencias sociais e cívicas

Recursos

Criterios de avaliación da memoria final

Criterios xerais do Plan Proxecta+

1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.

Criterios específicos

4. Calidade do proxecto

5. Innovación e creatividade

6. Difusión e divulgación do proxecto

Menús Learning object node R