Relación provisional de centros seleccionados para participar no proxecto Educación Dixital durante o curso 2015/2016

Ven, 03/07/2015 - 08:59

Xúntase a relación provisional de centros seleccionados na convocatoria para participar no proxecto Educación Dixital E-DIXGAL conforme ao baremo que figura no punto sétimo da Resolución do 30 de abril de 2015 (DOG do 11 de maio).
 

  • Establécese un prazo de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación, para que os centros interesados podan efectuar as posibles reclamacións e renuncias.