G1401067 A convivencia como factor de calidade nos centros educativos

"Ensinar a convivivir" dende o diálogo, o respecto mutuo, o razoamento, o convencemento, o compromiso, a disciplina democrática, a participación... Esta formación a distancia pretende dar a coñecer aos docentes pautas de actuación para a mellora da convivencia e a resolución de conflitos nos centros escolares.
Ven, 06/02/2015 - 12:17
Convivencia positiva en centros educativos

A convivencia como factor de calidade nos centros educativos

Referencia: G1401067

Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  23/02/2015  -  06/05/2015 
Lugar: En rede             Enlace a platega: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=47
Prazas:  100

Horas totais: 40 h.

Destinatarios:Todas as ensinanzas

590 - Profesores de ensino secundario
591 - Profesores técnicos de formación profesional
597 – Mestres

Obxectivos:

- Valorar a convivencia e o clima escolar positivo como factores de calidade nos centros educativos.

- Identificar as diferentes causas que orixinan a violencia escolar e analizar os factores básicos para a prevención de conflitos e problemas de convivencia nos centros educativos.

- Coñecer e aplicar técnicas de modificación de conduta e de resolución de conflitos no contorno escolar.