G1401038 Formación inicial para orientadoras e orientadores de educación infantil, primaria e/ou secundaria.

Curso de formación presencial (24 h) para os orientadores/as que exercen por primeira vez a xefatura do Departamento.
Lun, 08/09/2014 - 10:15
Formación Inicial Orientadores/as

Título: Formación inicial para orientadoras e orientadores de educación infantil, primaria e/ou secundaria.

Modalidade: curso presencial

Referencia: G1401038
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización: 1º trimestre_outubro
Lugar: Santiago de Compostela
Horas totais: 24 h. presenciais

Destinatarios:

Todas as ensinanzas

Corpos e especialidades

511018 - Catedráticos de ensino secundario. Orientación educativa

597039 - Mestres. Orientación

590018 - Profesores de ensino secundario. Orientación educativa


Criterios de selección

Exercer por vez primeira a xefatura do departamento de orientación. Os criterios xerais do plan anual de formación.

Obxectivos

Promover a reflexión sobre o espazo que o departamento de orientación debe ocupar nos centros educativos, na procura dunha intervención educativa de calidade e para a totalidade do alumnado.

Afondar nos coñecementos necesarios para interpretar e desenvolver a función de orientación establecida na normativa vixente.

Dar a coñecer distintos modelos de planificación e xestión dos departamentos de orientación.


Observacións

Actividade dirixida a colectivos específicos (orientación educativa)


Contidos

Modelos de planificación e xestión dos departamentos de orientación.

Plans e programas. Acción titorial. Atención á diversidade. Orientación profesional. A avaliación psicopedagóxica. Metodoloxías favorecedoras da inclusión.

A estrutura dos servizos de orientación en Galicia.

A aplicación DRORIENTA.